O Presidente de quenda da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e da CCDR-NORTE, António Cunha, destacou hoxe na Coruña a relevancia da “Economía Azul” na Eurorregião e as oportunidades que se presentan co novo programa Espazo Atlántico 21-27.
As declaracións foron feitas na mesa-redonda da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, no Foro Económico: A Galicia que vén do xornal “ El Español” e as súas cabeceiras na Galiza “ Treintayseis” e “ Quincemil”.
Na mesa-redonda, que estivo moderada pola directora de comunicación da Eurorrexión GNP, Begoña Íñiguez, participaron alén do António Cunha, a secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Silvia Cortiñas, a directora xerente da Fundación CETMAR, Paloma Rueda, Miguel Marqués, especialista en economía do mar, e Juan Carlos Piñeiro, fundador de la Rede Mundo Atlántico.