AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal celebra hoxe os primeiros encontros do proxecto dentro da iniciativa B-Solutions. O obxectivo: simplificar a obtención da “Guía de Circulaçao”, necesaria para os vehículos dos TraballadoresTransfronteirizos.
O experto asignado pola @SocialnetAEBR, Miguel Guimarães, reúnese hoxe con representantes das forzas de seguridade, das administracións e dos traballadores afectados, para coñecer mellor o problema e avanzar na busca dunha posible solución.
O encontro conta tamén coa participación de Beraldino Pinto, vicepresidente da CCDR-N, e Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.