NOTICIAS

Últimas noticias
  • O FILÓLOGO GALEGO VICENTE VÁZQUEZ É O GAÑADOR DA 9ª EDICIÓN DO PREMIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DA EURORREXIÓN

    GNP-AECT | 28/09/2023

    A obra vencedora, “Profundo sen nome”, é un conto que destaca “polo seu carácter innovador cunha nova realidade, virtual, que revisa unha existencia potencial en mundos paralelos, onde o mundo real contamínase na reconstitución dun pasado, dende o presente, a partir do diálogo virtual entre un fillo e o seu pai morto”, pódese ler na acta do xurado, que engade, “a mestría do autor nunha narrativa, con bo ritmo, linguaxe e estilo, onde a nostalxia por un tempo perdido, tras a morte dun familiar, capturan a atención do lector do inicio ao fin”.

    Más información
  • La Agrupación Europea de Cooperación Territorial de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal ha organizado el II Encuentro AECT Ibéricas, con el objetivo de "avanzar en la cooperación transfronteriza" entre España, Portugal y Francia.

    GNP-AECT | 21/09/2023

    Así lo ha señalado el director de la Eurorregión, Nuno Almeida, durante la inauguración de estas jornadas, que se llevaron a cabo el 18 y 19 de septiembre en Vigo y las cuales asistieron representantes de las diferentes agrupaciones de las fronteras de España con Portugal y con Francia.

    Más información
  • A Eurorrexión avoga pola materialización do Estatuto do Traballador Transfronteirizo, trala aprobación na UE do acordo marco do teletraballo transfronteirizo habitual

    GNP-AECT | 30/08/2023

    O pasado 1 de xullo entrou en vigor un Acordo Marco europeo que facilita aos teletraballadores transfroteirizos acollerse á lexislación vixente no Estado no que teña a súa sede a empresa que o contrata. Foi firmado por 18 países, entre eles España e Portugal. A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) amosa a súa satisfacción pero insiste na necesidade de que se materialice o Estatuto do Traballador Transfronteirizo entre España e Portugal”.

    Más información
  • A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal aposta pola creatividade transfronteiriza co espazo “Eurorrexión Creativa”

    GNP-AECT | 18/07/2023

    O espazo Eurorrexión Creativa celebrarase no vindeiro 21 de xullo, ás 19 h., na Ponte Internacional sobre o Miño, entre Tui – Valença, para fomentar a cooperación artística entre Galicia e o Norte de Portugal. Está cofinanciado polo INTERREG-POCTEP e coincide coa 11 edición do festival IKFEM. A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal apoia a IKFEM institucionalmente.

    Más información
  • 50 directores dos principais medios da Eurorrexión reúnense hoxe e mañá en Matosinhos para abordar a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración

    GNP-AECT | 28/06/2023

    O seminario, organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, comezou esta noite, na Casa da Arquitectura de Matosinhos, cunha cea presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, o presidente da CCDR-Norte e da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, António Cunha, e a alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro. O Presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, o titular da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Cultura luso, Pedro Adão e Silva, enviaron vídeos que se emitirán mañá, na inauguración oficial das sesións do seminario.​

    Más información