NOTICIAS

Últimas noticias
  • O proxecto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para implantar a FP DUAL transfronteiriza e homologar os títulos nos 2 países, foi seleccionado polo programa b-solutions

    GNP-AECT | 29/07/2022

    Foi un dos elixidos pola Comisión Europea, a través da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE), e encádrase na área temática de emprego e formación. É o cuarto proxecto presentado pola AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que é seleccionado por este programa

    Más información
  • A EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL APOIA A MATOSINHOS E VILAGARCÍA PARA RELANZAR AS ACTIVIDADES CONXUNTAS NO ÁMBITO DO SEU ACORDO DE IRMANDAMENTO

    GNP-AECT | 14/07/2022

    A presidenta da Cámara Municipal de Matosinhos, Luísa Salgueiro, recibiu hoxe ao seu homólogo de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e ao subdiretor da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Xosé Lago, para reactivar o acordo de irmandamento entre ambos municipios e definir un plano de desenvolvemento turístico a partir do proxecto ‘O mar que nos une’, aprobado recentemente pola Comisión Europea no ámbito do programa “Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores", no que contou co apoio desta AECT.

    Más información
  • 40 OBRAS DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL PRESENTADAS Á 8ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR DESTINADO AOS MOZOS ESCRITORES DA NOSA EURORREXIÓN

    GNP-AECT | 08/07/2022

    É unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da Dirección Rexional de Cultura do Norte. Ten unha dotación financeira de 3.000 €. A obra vencedora será anunciada no inicio do mes de setembro e publicarase en portugués e galego. O premio será entregado durante a próxima feira das industrias culturais de Galicia, Culturgal, que terá lugar en Pontevedra, ao final do ano. O último vencedor foi Pedro Rodríguez Villar con “O amor das Pedras”.

    Más información
  • Programa "Território" da televisión portuguesa Porto Canal

    GNP-AECT | 04/07/2022

    O Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, Nuno Almeida, insistiu, na súa participación, no programa "Territorio" da televisión Porto Canal, de 28 de xuño, na necesidade urxente do tren de alta velocidade Porto - Vigo, que permitirá comunicar as dúas principais urbes da nosa Eurorrexión, en 55 minutos

    Más información
  • A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal abre a segunda convocatoria do Programa IACOBUS para Patentes conxuntas de investigadores da Eurorrexión

    GNP-AECT | 21/06/2022

    A convocatoria estará aberta ata o 28 de xullo. Terá unha dotación financeira de 40.000 euros, para apoiar a obtención ou solicitude de patentes conxuntas Poderán participar investigadores vinculados ás Universidades e Institucións de Ensino Superior de Galicia e do Norte de Portugal participantes no programa IACOBUS

    Más información