A Eurorrexión lanza novas convocatorias do Programa IACOBUS, para Estadías de Investigación e Publicacións Científicas (Papers) en Galicia e no Norte de Portugal, cun orzamento total de 200.000 euros
GNP-AECT | 16/11/2023
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal abriu novas convocatorias 2023-24 do programa IACOBUS, nas modalidades de Estadías de Investigación e Publicacións Científicas (Papers), destinadas ao persoal das Universidades, Institutos Politécnicos, Fundacións Biomédicas e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión.
-As candidaturas están abertas dende o 15 de novembro ata o 15 de decembro de 2023.
Contan cunha dotación financeira total de 200.000 €, 150.000 € para Estadías de Investigación e os 50.000 € restantes para Publicacións Científicas (Papers).
O IACOBUS conta co apoio da UE a través da cofinanciación Interreg España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Más información