NOTICIAS

Últimas noticias
  • Nortear converteuse nunha plataforma de lanzamento para as promesas literarias de Galicia e do Norte de Portugal.

    GNP-AECT | 27/04/2023

    A mocidade escritora da Eurorrexión pode concursar cos seus relatos curtos na 9ª edición do Premio Nortear, ata o 30 de xuño. É unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal. Ten unha dotación financeira de 3.000 €. Ademais, a obra vencedora publicarase en galego e portugués. A última vencedora foi Marta Pais de Oliveira co conto en prosa “Medula”.

    Más información
  • A AECT DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL APROBA EN ASEMBLEA O PLAN DE TRABALLO E ORZAMENTO DE 2023, PARA INTENSIFICAR A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DE PROXIMIDADE, A MOBILIDADE ACADÉMICA E MELLORAR AS CONEXIÓNS FERROVIARIAS

    GNP-AECT | 23/03/2023

    A Asemblea e o Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT) reuníronse hoxe, na súa sede de Vigo, coa presenza da Directora Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, da Vicepresidenta da Comisión de Coordinación de Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Célia Ramos, e do Director e o Subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Nuno Almeida e Xosé Lago.

    Más información
  • A EURORREXIÓN PRESENTA EN VIGO OS RESULTADOS DO PROXECTO “FACENDO CAMINHO” PARA CONSOLIDAR OS CAMIÑOS PORTUGUESES E IMPULSAR O SEU APROVEITAMENTO SOSTIBLE COMO RECURSO PATRIMONIAL, CULTURAL, NATURAL E ECONÓMICO

    GNP-AECT | 14/03/2023

    O proxecto ten sido desenvolvido conxuntamente pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, o Turismo Porto e Norte de Portugal, a Axencia de Turismo de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte, dentro do programa INTERREG VA – POCTEP con fondos FEDER e un custo total de 657.499,57 €.

    Más información
  • A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal gaña peso en Europa en publicacións científicas grazas ao éxito do programa IACOBUS

    GNP-AECT | 31/01/2023

    Na convocatoria 2022-23 do programa IACOBUS, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal seleccionou 58 candidaturas, das 70 recibidas, na modalidade Publicacións Científicas (Papers) para a elaboración de publicacións conxuntas por parte de investigadores de Galicia e do Norte de Portugal. IACOBUS Estancias de investigación seleccionou 102 candidaturas, das 242 recibidas, destinadas a PDI, Investigadores pre e posdoutorais e PAS das Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión A convocatoria 2022-23 do IACOBUS ten unha dotación financeira total de 200.000€, 148.600€ destínanse para Estancias de investigación e os 51.400€ restantes para Papers.

    Más información
  • O PROGRAMA ‘IACOBUS’ RECIBIU 312 CANDIDATURAS PARA ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN E PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

    GNP-AECT | 29/12/2022

    A iniciativa diríxese a persoal docente e investigador, investigadores pre e posdoutorais, e persoal de administración e servizos das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión. O investimento ascende a 200.000 euros, dos que 150.000 se destinan ás estadías e 50.000 ás publicacións, co obxectivo de fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica

    Más información