50 directores dos principais medios da Eurorrexión reúnense hoxe e mañá en Matosinhos para abordar a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración
GNP-AECT | 28/06/2023
O seminario, organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, comezou esta noite, na Casa da Arquitectura de Matosinhos, cunha cea presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, o presidente da CCDR-Norte e da Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, António Cunha, e a alcaldesa de Matosinhos, Luísa Salgueiro. O Presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, o titular da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Cultura luso, Pedro Adão e Silva, enviaron vídeos que se emitirán mañá, na inauguración oficial das sesións do seminario.
Más información