NOTICIAS

Últimas noticias
  • A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal gaña peso en Europa en publicacións científicas grazas ao éxito do programa IACOBUS

    GNP-AECT | 31/01/2023

    Na convocatoria 2022-23 do programa IACOBUS, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal seleccionou 58 candidaturas, das 70 recibidas, na modalidade Publicacións Científicas (Papers) para a elaboración de publicacións conxuntas por parte de investigadores de Galicia e do Norte de Portugal. IACOBUS Estancias de investigación seleccionou 102 candidaturas, das 242 recibidas, destinadas a PDI, Investigadores pre e posdoutorais e PAS das Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión A convocatoria 2022-23 do IACOBUS ten unha dotación financeira total de 200.000€, 148.600€ destínanse para Estancias de investigación e os 51.400€ restantes para Papers.

    Más información
  • O PROGRAMA ‘IACOBUS’ RECIBIU 312 CANDIDATURAS PARA ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN E PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL

    GNP-AECT | 29/12/2022

    A iniciativa diríxese a persoal docente e investigador, investigadores pre e posdoutorais, e persoal de administración e servizos das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión. O investimento ascende a 200.000 euros, dos que 150.000 se destinan ás estadías e 50.000 ás publicacións, co obxectivo de fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e de divulgación científica

    Más información
  • MARTA PAIS DE OLIVEIRA RECEBEU, NO MUSEO DO MAR DE VIGO, O 8º PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

    GNP-AECT | 28/12/2022

    - O ACTO ESTIVO PRESIDIDO POLO SECRETARIO XERAL DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA, ANXO M. LORENZO, O DIRECTOR DA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL DA EURORREXIÓN GALICIA – NORTE DE PORTUGAL, NUNO ALMEIDA E A DIRECTORA REXIONAL DE CULTURA DO NORTE, LAURA CASTRO. - A OBRA VENCEDORA, ‘MEDULA’, É UN CONTO EN PROSA QUE DESTACA “POLA SÚA INNOVACIÓN NA INTRODUCIÓN DE ENTIDADES E INSTITUCIÓNS IRREAIS QUE CONFIGURAN A MATERIALIZACIÓN DUN ESTADO VIXILANTE E CONTROLADOR DO INDIVIDUO, EN PROL DUN SUPOSTO BENESTAR”, PÓDESE LER NA ACTA DO XURADO. -O PREMIO LITERARIO NORTEAR TEN UNHA DOTACIÓN FINANCIERA DE TRES MIL EUROS E CONTEMPLA A PUBLICACIÓN DA OBRA VENCEDORA EN GALEGO E PORTUGUÉS.

    Más información
  • O Programa IACOBUS abre novas convocatorias 2022-23 para estancias de investigación e publicacións científicas (Papers) na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, cun orzamento total de 200.000 euros

    GNP-AECT | 15/11/2022

    - A Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal abre novas convocatorias 2022-23 do programa IACOBUS, nas modalidades de Estancias de Investigación e Publicacións Científicas (Papers), destinadas a PDI, Investigadores pre e posdoutorais e PAS das Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. - As candidaturas están abertas dende o 15 de novembro ata o 16 de decembro de 2022. - As novas convocatorias teñen unha dotación financeira total de 200.000 €, 150.000 € destínanse ás Estancias de investigación e os 50.000 € restantes ás Publicacións Científicas (Papers) - Resérvase unha cota do 5% das estancias de investigación para ser cubertas en

    Más información
  • O presidente da Xunta interveu no encontro ‘Norte de Portugal-Galicia: territorio e futuro’ organizado pola Fundaçao da Casa de Mateus e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Participou tamén no encontro, o presidente da CCDR-Norte, António Cunha

    GNP-AECT | 31/10/2022

    Os dous presidentes cualifican o proxecto de Alta Velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal como estratéxico para o futuro da Eurorrexión

    Más información