NOTICIAS

Últimas noticias
  • O ESCRITOR E XORNALISTA PEDRO RODRÍGUEZ VILLAR É O GAÑADOR DA 7ª EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO NORTEAR PARA A MOCIDADE ESCRITORA DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

    GNP-AECT | 22/10/2021

    A OBRA VENCEDORA “O AMOR DAS PEDRAS”, É UN CONTO EN PROSA QUE DESTACA “POLA SÚA FERMOSA NARRATIVA, LINGUAXE POÉTICA, O SEU LIRISMO PARTICULARMENTE EMOTIVO E BO RITMO NARRATIVO PARA TRATAR OS TEMAS DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER E DO AMOR”, PÓDESE LER NA ACTA DO XURADO.

    Más información
  • A AECT DA EURORREXIÓN GNP REÚNESE CO DIRECTOR DA FUNDACIÓN CENTRO DE ESTUDIOS EURORREXIONAIS GALICIA-NORTE DE PORTUGAL (FCEER)

    GNP-AECT | 20/10/2021

    - Xosé Lago, Secretario da AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal e Subdirector Xeral de Cooperación Transfronteiriza, acompañou o Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, na visita ao novo Director da FCEER, Ángel Miramontes, na sede da fundación, en Santiago. - A Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal busca establecer sinerxías e redes de investigación para xerar espazos de coñecemento, mobilidade e transferencia de información entre as seis universidades da Eurorrexión.

    Más información
  • Galicia e o Norte de Portugal non queren perder o tren da alta velocidade, a transición dixital e piden máis cohesión territorial na Eurorrexión

    GNP-AECT | 19/10/2021

    O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, o presidente da CCDR-Norte e da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, António Cunha, e o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión GNP, Nuno Almeida, fixeron fronte común, hoxe en Braga, na Conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia, inaugurada polo presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa.

    Más información
  • Nortear Ilustrado reforza a creación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal na súa terceira edición

    GNP-AECT | 05/10/2021

    A illa de San Simón acolle desde mañá e até o venres un novo encontro da residencia artística, orientada a potenciar o intercambio e a creación entre ilustradores/as de Galicia e do Norte de Portugal.

    Más información
  • A AECT Galicia – Norte de Portugal mantén en 2021 a súa aposta cultural co apoio ao IKFEM da Eurocidade Valença-Tui

    GNP-AECT | 30/08/2021

    O evento celebrouse entre os días 18 a 22 de agosto, destacando o concerto de Juan Carlos Cambas, apoiado pola AECT Galicia - Norte de Portugal

    Más información