NOTICIAS

Últimas noticias
  • As “Mulleres Escritoras” protagonizan hoxe as conversas Nortear, na Fundación Rosalía de Castro de Padrón

    GNP-AECT | 22/05/2024

    A cita é ás 20 horas na Casa Museo Rosalía de Castro coa participación das escritoras María López Sández e Isabel Cristina Mateus, moderadas polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. No acto participarán o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o subdirector da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Xosé Lago, e o xefe da Divisão de Programação e Promoção Cultural da CCDR-Norte, I.P., João Ribeiro da Silva. As conversas Nortear forman parte do proxecto Nortear de cooperación transfronteiriza desenvolvido pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, a Consellería de Cultura, Língua e Xuventude da Xunta de Galicia e a CCDR-Norte, I.P.

    Más información
  • Anuario 2023

    GNP-AECT | 26/04/2024

    Para promover e difundir os resultados máis significativos do proxecto 0014_GOBERNANZA_GNP_1_E, aprobado recentemente polo INTERREG VI A – POCTEP, este anuario reúne, tamén, comunicacións e actividades de responsables políticos e axentes sociais, así como pezas destacadas dos medios de prensa da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

    Más información
  • A AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal reuniu, hoxe, en Vigo aos axentes sociais e económicos da Eurorrexión para preparar o contido do Estatuto do Traballador Transfronteirizo

    GNP-AECT | 23/04/2024

    O grupo de traballo quere que o Estatuto do Traballador Transfronteirizo sexa unha realidade canto antes para facilitar a circulación, o acceso á información e o exercicio dos dereitos dos traballadores que residan habitualmente ou traballen na Raia. Da reunión sae tamén o compromiso de que o “Estatuto do Traballador Transfronteirizo” sexa unha eficaz “carta dos dereitos e deberes” dos traballadores transfronteirizos: para que non saian peor parados que os traballadores “nacionais”.

    Más información
  • A AECT DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL APROBA EN ASEMBLEA O PLAN DE TRABALLO E ORZAMENTO DE 2024

    GNP-AECT | 13/03/2024

    IMPLEMENTAR OS NOVE PROXECTOS EUROPEOS EN EXECUCIÓN, INTENSIFICAR A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DE PROXIMIDADE. A MOBILIDADE CULTURAL, ACADÉMICA E CIENTÍFICA. SEGUIR LOITANDO PARA MELLORAR AS CONEXIÓNS FERROVIARIAS NA EURORREXIÓN E QUE SE MATERIALICE O PROMETIDO ESTATUTO DO TRABALLADOR TRANSFRONTEIRIZO.

    Más información
  • Ata o 19 de xullo está aberta a 10ª edición do concurso Nortear de relatos curtos para a mocidade da Eurorrexión

    GNP-AECT | 29/02/2024

    - O premio conta cunha dotación financiera de 3.000 €. A obra vencedora publicarase en galego e portugués. Poden participar as mozas e mozos, entre os 16 e 36 anos de idade, nados ou residentes en Galicia e no Norte de Portugal. - Nortear é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal (GNP, AECT), da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da CCDR-Norte I.P. - O gañador da 9ª edición foi Vicente Vázquez coa obra “Profundo sen nome”.

    Más información