A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal gaña peso en Europa en publicacións científicas grazas ao éxito do programa IACOBUS
GNP-AECT | 31/01/2023
Na convocatoria 2022-23 do programa IACOBUS, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal seleccionou 58 candidaturas, das 70 recibidas, na modalidade Publicacións Científicas (Papers) para a elaboración de publicacións conxuntas por parte de investigadores de Galicia e do Norte de Portugal.
IACOBUS Estancias de investigación seleccionou 102 candidaturas, das 242 recibidas, destinadas a PDI, Investigadores pre e posdoutorais e PAS das Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión
A convocatoria 2022-23 do IACOBUS ten unha dotación financeira total de 200.000€, 148.600€ destínanse para Estancias de investigación e os 51.400€ restantes para Papers.
Más información