NOTICIAS

Últimas noticias
  • A AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal reuniu, hoxe, en Vigo aos axentes sociais e económicos da Eurorrexión para preparar o contido do Estatuto do Traballador Transfronteirizo

    GNP-AECT | 23/04/2024

    O grupo de traballo quere que o Estatuto do Traballador Transfronteirizo sexa unha realidade canto antes para facilitar a circulación, o acceso á información e o exercicio dos dereitos dos traballadores que residan habitualmente ou traballen na Raia. Da reunión sae tamén o compromiso de que o “Estatuto do Traballador Transfronteirizo” sexa unha eficaz “carta dos dereitos e deberes” dos traballadores transfronteirizos: para que non saian peor parados que os traballadores “nacionais”.

    Más información
  • A AECT DA EURORREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL APROBA EN ASEMBLEA O PLAN DE TRABALLO E ORZAMENTO DE 2024

    GNP-AECT | 13/03/2024

    IMPLEMENTAR OS NOVE PROXECTOS EUROPEOS EN EXECUCIÓN, INTENSIFICAR A COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA DE PROXIMIDADE. A MOBILIDADE CULTURAL, ACADÉMICA E CIENTÍFICA. SEGUIR LOITANDO PARA MELLORAR AS CONEXIÓNS FERROVIARIAS NA EURORREXIÓN E QUE SE MATERIALICE O PROMETIDO ESTATUTO DO TRABALLADOR TRANSFRONTEIRIZO.

    Más información
  • Ata o 19 de xullo está aberta a 10ª edición do concurso Nortear de relatos curtos para a mocidade da Eurorrexión

    GNP-AECT | 29/02/2024

    - O premio conta cunha dotación financiera de 3.000 €. A obra vencedora publicarase en galego e portugués. Poden participar as mozas e mozos, entre os 16 e 36 anos de idade, nados ou residentes en Galicia e no Norte de Portugal. - Nortear é unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal (GNP, AECT), da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e da CCDR-Norte I.P. - O gañador da 9ª edición foi Vicente Vázquez coa obra “Profundo sen nome”.

    Más información
  • 99 Estadías de Investigación en Universidades e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión e 71 Publicacións Científicas (Papers) conxuntas seleccionadas na convocatoria 2023-24 do Programa IACOBUS

    GNP-AECT | 31/01/2024

    Na convocatoria 23-24 do programa IACOBUS, a AECT da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal seleccionou 71 candidaturas, das 77 recibidas, na modalidade Publicacións Científicas (Papers) cun orzamento de 50.000€, realizadas conxuntamente, por investigadores de Galicia e do Norte de Portugal, e publicadas nas mais prestixiosas revistas internacionais. IACOBUS Estancias de investigación conta cun orzamento de 150.00€ para Estadías de investigación en Universidades e Centros Tecnolóxicos do outro lado da Raia, do vindeiro 1 de marzo ata o 31 de xullo. Seleccionáronse 99 candidaturas, das 266 recibidas, destinadas a PDI, Investigadores pre e posdoutorais e PAS das Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión GNP

    Más información
  • HI_MOV: un proxecto POCTEP para impulsar o uso do hidróxeno verde na mobilidade sostible

    GNP-AECT | 21/12/2023

    “No caso da cadea de valor do hidróxeno verde, e máis alá dos grandes números da produción enerxética, o noso obxectivo, como Eurorrexión, debe ser o de traballar para que estas oportunidades abertas pola descarbonización sexan aproveitadas ao máximo no noso propio territorio”. Nuno Almeida, director da AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, facía esta reflexión no marco da inauguración da presentación do proxecto HI_MOV, que tivo lugar o pasado 20 de decembro nas instalacións de CTAG, en Porriño.

    Más información